LUDITARDE

LUDITARDE

lunes, 5 de marzo de 2018

A gran exposición de Luditarde xa ten cabida!!

Moi boas a tod@s!! Comprácenos darvos a única información que vos faltaba por saber para a xa cercana exposición que ides levar a cabo.
Como todo bo artista, as súas obras precisan ser expostas nos mellores lugares das mellores cidades. Como non podía ser menos, gustamos de comunicarvos de que o lugar elexido para que poidades mostrar a toda A Coruña todo o talento que levades dentro é o auténtico Fórum Metropolitano. O Fórum é un lugar onde teñen cabida exposicións de grandes artistas e por iso é unha sorte que conten coas nosas obras para mostrarllas a toda a cidade que decida pasarse por alí. Animávosvos a que extendades a noticia ás familias para que se pasen por alí!!

Decirvos tamén que como último requisito, deberedes de xuntarvos co grupo que vos falta e crear unha obra de arte que servirá para expoñer en dita exposición. Sorte e ó choio!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario