LUDITARDE

LUDITARDE

viernes, 24 de abril de 2020

¡¡E veña retos!!

¡¡Moi boas a tod@s!! Continuamos tratando de dar solución ós diferentes retos propostos e, xa de paso, seguir mellorando na clasificación de centros...

Pois ben, para oxe temos a oportunidade de traer dous retos ben divertidos. Po un lado, para o reto de mente en forma e tendo en conta que onte foi o día do libro, recurrimos ás escritoras Gloria Fuertes e María Negrín. Entre moitas das súas obras, propoñémosvos darlle forma a catro en particular. Antes de nada, avisarvos de que ides a precisar de moita, pero que moita imaxinación. A continuación mostrámosvos 4 poemas destas fantásticas escritoras pero teñen un pequeno problema, fáltanlles as ilustracións. Por iso vos propoñemos que tratedes de debuxar cada ilustración correspondente a cada poema e nos fagades chegar as vosas obras, ¡¡seguro que vos quedan xenial!!






En canto ó reto de corpo en forma, para esta semana gustaríanos poñer a proba as vosas capacidades físicas básicas: resistencia, forza, velocidade e flexibilidade. Para iso tedes que levar a cabo 4 diferentes retos de 1 minuto de duración cada un. Aquí vos queda un vídeo explicativo de cómo facelo...


Para levar a cabo estes retos temos ata o domingo 26. Facédenos chegar as vosas fotos e os vosos vídeos para seguir puntuando... ¡¡A por estes retos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario