LUDITARDE

LUDITARDE

miércoles, 25 de abril de 2018

Una tarde en patines


Aquí os dejamos un vídeo para enseñaros lo bien que nos lo pasamos los lunes sobre ruedas :)


miércoles, 18 de abril de 2018

LudiTalent Show

Nen@s de Luditarde, comprácenos darvos a nova de que pronto, moi pronto, teredes a oportunidade de participar en algo grandioso. Co final deste curso teredes a oportunidade de ser protagonistas dun concurso incrible no que cada grupo mostrará o traballo e esforzo posto en impresionar a tod@s @s asistentes. Prestade moita atención e benvidos ó LudiTalent Show!!



lunes, 26 de marzo de 2018

Visita á Fundación Luis Seoane!


A semana pasada o grupo dos fantasmitas e dos super héroes visitamos a Fundación Luis Seoane. 


Na visita contáronnos cousas moi curiosas da vida de Seoane, e, ademais, propuxéronnos unha actividade divertidísima na cal demos renda solta a nosa imaxinación e creatividade!

Mirade, mirade!











Se é que estamos feitos todos uns artistas!

lunes, 19 de marzo de 2018

Pop Art o estilo Andy Warhol

O pasado xoves descubrimos a Andy Warhol,  un artista moi coñecido polo nacemento e o desenvolvemento do pop art. Como non podía ser doutro xeito, os Súper Héroes puxemonos máns a obra, e nunca mellor dito, e fixemos un cadro espectacular. 
Aquí deixamosvos unhas cantas fotos do proceso pero o resultado é moito mellor que o vexades en persoa na exposición ;)



Esculturas moi doces

Se algo nos caracteriza aos Súper Héroes é que somos bastante larpeiros, por iso fixemos unha escultura moooooooooooooi doce. Foi xenial, e estaba requeteboa !!!


Deixamosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!




martes, 13 de marzo de 2018

Arquitectos de primeiro nivel

Os fantasmitas non só traballamos o arte mediante a pintura. Como vos dixemos anteriormente, tamén nos convertimos en músicos, escritores, escultores...

Hoxe deixamosvos unhas fotos das nosas primeiras aventuras no mundo da arquitectura pero, por suposto, poderedes ver moitas mais o día da exposición :P





                                      



Voltamos con moitas noticias!


Boas a tod@s! O grupo dos Fantasmiñas estuvo moi ocupado preparando unha gran variedade de obras para a exposición que imos facer desde Ludi, a cal xa ten data e cabida :P


Queríamos deixarvos un adianto de todo o que fixemos pero, sobre todo, do ben que o pasamos no proceso!  Dende pintar con canicas, ata soplar pintura, ata traballar con estampación, convertémonos en músicos, en escritores...

                                      
                                      


Incluso fixemos un xogo para dibuxar monstruos nos que, según o número que nos tocara o azar, tiñamos que poñer un número de ollos ou outro, un número de bocas ou outro....
Mirade, mirade que ben o pasamos e o ben que quedaron!









Traballamos moito, pero tamén aprendemos moito... Aprendemos sobre o que é o arte, sobre os tipos de arte, sobre os artistas, algúns xa nos eran coñecidos e outros non tanto... Ademais, en todos estes meses, vimos unha serie de curtas divertidas relacionadas co tema, as cales vos deixamos aquí porque nos encantaron e por se vos tamén lle queredes votar unha ollada... ou por se nós as queremos volver a ver xa as temos aquí localizadas :P


- Curta do museo: https://www.youtube.com/watch?v=J49kdqrvSfk

- Curta do comecadros: https://www.youtube.com/watch?v=GChd9l_Cvnc

- Curta da trompeta máxica: https://www.youtube.com/watch?v=ySHunLW7wfk

- Curta do home orquesta: https://www.youtube.com/watch?v=kmF2kLwbC0k



Non vos perdades as nosa exposición!
Un saludo terrorificamente divertido



   

lunes, 5 de marzo de 2018

A gran exposición de Luditarde xa ten cabida!!

Moi boas a tod@s!! Comprácenos darvos a única información que vos faltaba por saber para a xa cercana exposición que ides levar a cabo.
Como todo bo artista, as súas obras precisan ser expostas nos mellores lugares das mellores cidades. Como non podía ser menos, gustamos de comunicarvos de que o lugar elexido para que poidades mostrar a toda A Coruña todo o talento que levades dentro é o auténtico Fórum Metropolitano. O Fórum é un lugar onde teñen cabida exposicións de grandes artistas e por iso é unha sorte que conten coas nosas obras para mostrarllas a toda a cidade que decida pasarse por alí. Animávosvos a que extendades a noticia ás familias para que se pasen por alí!!

Decirvos tamén que como último requisito, deberedes de xuntarvos co grupo que vos falta e crear unha obra de arte que servirá para expoñer en dita exposición. Sorte e ó choio!!


martes, 27 de febrero de 2018

Pintamos con canicas

Hoxe os Super Héroes coñecemos unha nova técnica de expresión artística: pintar con canicas!
Unha actividade moi sinxela e que nos divertiu moito!!

Deixamósvos unhas imaxes das nosas obras de arte tan espectaculares!!














lunes, 26 de febrero de 2018

Sombras e body paint

Hoxe os Super héroes aproveitando a boa tarde estivemos xogando coas nosas sombras e fixemos unhas obras de arte moi divertidas con tiza.


 

Ademais, descubrimos o body painting, unha nova forma de arte a través do corpo. Aquí tedes o resultado dunha tarde mooooi divertida.