➤➤ Mente en forma: para superar esta parte do reto teredes que descifrar o título das películas que aparecen con emojis e descubrir qué personaxe se esconde detrás de cada silueta. Suman un total de 6 películas e 8 personaxes ¡Dentro vídeo!
➤➤ Corpo en forma: para esta parte do reto xogaremos a adiviñar películas, pero esta vez seredes vós os que nos poñades a proba 👀. Enviádenos un vídeo imitando unha película (título, trama, personaxes) pero só podedes utilizar o voso corpo, é dicir, non podedes falar. Mediante os vosos xestos teremos que adiviñar qué película estades imitando (podédesnos envíar as que queirades). Deixámosvos un exemplo:
Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Para resolver este reto temos de prazo ata o mércores 8 ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.
PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario