LUDITARDE

LUDITARDE

viernes, 10 de abril de 2020

¡Retos novos!

¡¡Moi boas a tod@s!! ¡¡Novo día... novos retos!!
Levamos bastante tempo agardando a poder saír polo que é de seguro que ás veces nos estresemos un pouco. Para iso, hoxe no reto de corpo en forma propoñemos unha práctica que, con total seguridade, nos vai axudar a relaxarnos un pouco… Hoxe propoñemos practicar 8 posturas de Ioga. Moito ollo, prestade atención e mandádenos imaxes tratando de levar a cabo a sesión de ioga. ¡Esperamos que teñades máis flexibilidade que Pablo! Jajajajajaja









  


Deixámosvos tamén, unha web de consulta para coñecer todos os beneficios desta práctica e moitas máis posturas. Esperemos que vos sexa de interese.

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/posturas-yoga-ninos-pdf



En canto ó reto de mente en forma, queremos poñer a proba o voso sentido do ritmo. A continuación veredes un vídeo co que poderedes levar a cabo un xogo musical. Para iso necesitaredes 4 tarxetas de 4 cores diferentes para tratar de marcar un ritmo con elas. O xogo está proposto para  que imitedes o ritmo e poñer a memoria a funcionar. ¡Sorte e ao lío!

*Se se nos fixera un pouco complicado, poderíamos proponer algún ritmo que se vos ocurra. ¡Espero ver os vosos vídeos pronto!




Deixámosvos tamén o enlace coa música empregada.






No hay comentarios:

Publicar un comentario