LUDITARDE

LUDITARDE

viernes, 15 de mayo de 2020

¡¡Retos para o "finde"!!

¡¡Moi boas a tod@s!! Novo reto por diante para este estupendo "finde". En esta ocasión queremos propoñer uns retos diferentes. Posto que xa podemos saír a rúa, queremos que acadedes superar dúas probas coma sempre.

Por un lado, queremos que no reto de corpo en forma poñades a proba a vosa axilidade, velocidade e forza levando a cabo catro probas diferentes. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades cómo se pode realizar...



En canto ó reto de mente en forma queremos poñer a proba a vosa habilidade para atopar cousas. Na rúa deberedes de atopar 4 figuras xeométricas distintas: Un cadrado, un rectángulo, un círculo e un triángulo. Pablo xa atopou as súas, ¿e vós?

Un rectángulo en forma de cartel

Un sumidoiro cadrado

Un sinal triangular

Un espello ben redondo

Envíanos as solucións do reto ó correo ludiramondelasagra@gmail.com 

Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Para resolver este reto temos de prazo ata o venres 15 de maio ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.

PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto  doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario