LUDITARDE

LUDITARDE

miércoles, 8 de noviembre de 2017

O castro Fantasmita!!!

Bos días!

Hoxe vimos con boas novas, 
durante estas semanas estivemos moi ocupados construindo o noso propio castro, e, o mesmo tempo, aprendendo gran variedade de cousas sobre como facelo.

Aprendemos que as casas castrexas chámanse pallozas, e que soen ser redondas. Están feitas de pedra ou barro e o tellado é de palla. 

Ademais, para manter o tellado erguido, estas casas teñen no medio un pilar de madeira.

Incluso fixemos unha pequena maqueta da nosa casa castrexaaa!!!!




Pero non queríamos quedar só aí, e. como nos somos a tribo dos fantasmitas, pois tamén temos o noso propio castro, rodeado cunha gran muralla por suposto, e que quixemos situar o carón do mar en vez das montañas porque nos gusta moito pescar .... e mirade que cantidade de peixes para comer!!!!




De momento só temos unha vaca, pero iremos aumentando o gando! 


Por agora, coñecemos donde vivían os antigos castrexos e intentamos replicalos, pero.... Xa estamos embarcados nunha nova aventura!!!


Se queredes saber mais sobre ela, tocaravos esperar😜
Prometemos volver e contárvolo todo!!!



Un saúdo terroríficamente divertido!

No hay comentarios:

Publicar un comentario