Moi boas a tod@s! Tras o parón repentino e con moita enerxía, xa estamos de volta...
O coronavirus fíxonos ter que facer un descanso nas nosas tardes de Luditarde pero atopamos a maneira de non separarnos do todo e, ademais, axudar a pelexar para derrotar ao virus.
Dende Luditarde propoñémosvos un xogo. Cada semana plantexarémosvos unha serie de retos cos que xunt@s dende casa, poderemos ir facendo fronte a este virus e ao aburrimento...
As normas do xogo son ben sinxelas:
- O xogo organizarase por coles, no noso caso, representaremos a Luditarde do CEIP Ramón da Sagra.
- Cada luns publicarase unha clasificación na que poderemos ver os avances de todos os centros.
- O obxectivo é conseguir os suficientes puntos como para derrotar a este virus que nos mantén na casa e desta forma recuperar a normalidade canto antes.
- Calquera persoa de Ludi pode participar, se ademais conseguimos que participe alguén que non está neste programa de ocio educativo, conseguiremos 1 punto extra.
- Todos os Luns, Mércores e Venres aparecerán novos retos que teremos que superar no prazo que se nos marque nos mesmos...
- Para dar un reto como superado, deberedes enviar unha proba de que se fixo correctamente. Cada foto que nos enviedes contará con 1 punto mentres que cada vídeo sumará 10 puntos. As probas da vosa participación deberán ser enviadas ao seguinte correo: ludiramondelasagra@gmail.com
ÁNIMO E XAQUE Ó VIRUS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario