Moi atentos nestes novos retos, porque non podredes facer un sen o outro ;)
No reto mente en forma consiste en facer un novo xoguete con material de refugallo.
Necesitamos:
un vaso de iogur
pegatinas, rotuladores ou calquer material para decorar o vaso
un fío (lana ou calquer outro material)
e unha bola de papel de aluminio.
No reto de corpo en forma debedes darlle uso o xoguete anterior e intentar encestar o maior número de veces posibles.
Aquí vos deixamos un vídeo explicativo de como se fai!!
Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9.
Para resolver este reto tedes ata o viernes 1 de maio. Animádevos a participar!! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE O VIRUS.
PUNTUACIÓNS:
1 Comentario = 1 Punto
1 Vídeo = 10 Puntos
1 Foto dunha persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 Punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario