➤➤Mente en forma: nesta actividade debes motrar as túas habilidades psicomotrices e de memoria ó ritmo da música sen fallar na secuencia de xestos ¿Atréveste a participar no #dedoschallenge? Deixamosvos a secuencia de 9 xestos que debemos memorizar e a música para facelo. Se coñecedes a aplicación tik tok encontraredes a música para facer este desafío buscando #dedoschallenge, senón facedenos chegar os vídeos realizando a secuencia de xestos ó ritmo da música e xa nos ocupamos nós da edición!
👊👍👎✋👊👌☝👇✊
➤➤Corpo en forma: nesta parte do reto deberás demostrar a túa capacidade de reacción e velocidade ¿quén será capaz de facer este divertido circuíto de mans e pés o máis rápido posible? Para iso só necesitas crear o teu circuito e poñerte en acción! Mándanos os teus vídeos realizando este desafío, e por suposto, podes retar a túa familia a superalo ✌
Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Para resolver este reto temos de prazo ata o mércores 15 ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.
PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario