LUDITARDE

LUDITARDE

viernes, 3 de abril de 2020

¡Novo día, novos retos!

Reto 6

Moi boas a tod@s, continuamos coa difícil tarefa de derrotar a este virus que é bastante resistente. Por iso, o noso heroe Ludithor nos propón un par de retos que pasamos a explicar...

Para tratar de superar o reto de mente en forma imos a propoñer un experimento empregando un elemento tan común como a auga.

O experimento que queremos propoñer, é a creación de un "submarino caseiro". Para elo, trataremos de entender cómo funciona a presión sobre o noso "pequeno submarino". Para levalo a cabo necesitaremos os seguintes materiais:



Agora, paso a paso trataremos de explicar a realización do mesmo:

1. Enche a botella de auga ata arriba de todo.


2. Estira e pon totalmente recto o clip. Despois fai dous trozos deixando un deles maior que o outro. Para rematar de preparar o clip, con cada un dos trozos, dalle forma similar á da imaxe.



3. Para rematar a preparación, imos ca tapa do bolígrafo. O primeiro é sellar co pegamento o orificio superior. Logo, pégalle o trozo de clip en forma de gancho como na imaxe. Para tratar de contrarestar a flotabilidade, engádelle un peso na zona próxima do gancho.

 




4. Para rematar, o trozo de clip sobrante introducirase e deixaremos que se coloque no fondo da botella. Agora, colle o teu submarino (a tapa de boli modificada) e colócao dentro de forma que flote. Para rematar a preparación, pecha a botella co tapón. Desta forma, para poder ver funcionar o noso particular submarino tan só nos queda apretar a botella e tratar de amarrar o gancho do submarino ó trozo de clip situado no fondo. ¡Que navegue ben!


Por se quedase duda algunha, aquí vos deixamos unha pequena axuda para calquer tipo de consulta. ¡Esperamos que vos guste!

https://www.experimentosfaciles.com/experimento-como-funciona-un-submarino/

En canto ó reto de corpo en forma, querémosvos ensinar e poñer a proba mediante un dos eventos deportivos máis coñecidos dun dos deportes máis practicados. Preparádevos ben para poder participar no primeiro All Star Game do CEIP Ramón de la Sagra. O All Star Game ten lugar na NBA dos EEUU. Consiste nun fin de semana no que se xuntan as mellores estrelas deste deporte. O All Star Game consta de varias probas pero dende o noso cole, propoñemosvos unha en concreto: O concurso de triplas. Vamos a deixarvos un vídeo demostrativo da proba real para logo explicarvos cómo se vai levar a cabo a nosa particular tarefa. 


Para poder levar a cabo o noso particular reto, precisamos que fagades un total de 16 bolas de papel usado (para reciclar evidentemente). Ter en conta que hai que ser capaz de distinguilas agrupándoas en dous montóns, un de 12 bolas (contabilizarán 1 punto) e outro de 4 bolas (contarán 2 puntos) ben diferenciadas. Agora, deberás de tratar de levar a cabo o reto encestando o maior número de bolas tal e como o mostramos no seguinte vídeo:



¡Veña! ¡Intentade superarme!






1 comentario: