LUDITARDE

LUDITARDE

miércoles, 22 de abril de 2020

Reto 14

Ola de novo!!

Aquí estamos con ganas de novo reto, estades preparados?

  • No reto de mente en forma propoñémosvos que fagades un tres en raia caseiro. É moi sinxelo, so necesitades un folio, un rotulador, e seis obxectos (tres e tres). E que empece o xogo!! Estaremos esperando as vosas partidiñas, seguro que animan un montón a cuarentena! Aquí vos deixamos un exemplo. 


  • Para o reto de corpo en forma propoñémosvos un reto moi divertido no que debedes pasar obxectos (eu escollín encaixables pero podedes utilizar calquer outra cousa) de unha caixa a outra utilizando os pes. 
Mirade, eu fun capaz de conseguilo, e vos?


A por todas!!

Envíanos as solucións dos retos ó correo: ludiramondelasagra@gmail.com

Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:  https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Para resolver este reto temos de prazo ata o viernes 24. Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS. 

PUNTUACIÓNS:

1 Comentario = 1 Punto
1 foto = 1Punto
1 vídeo = 10 Puntos
Unha foto doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario