Hoxe o noso amigo LudiThor segue buscando o antivirus, para
conseguilo deberá superar o reto de mente en forma que lle propón o malvado virus en forma de experimento.
O reto de corpo en forma consiste en facer un xogo chamado PEMENTA BRANCA, PEMENTA NEGRA:
A persoa que lle toca pandar ponse contra a parede e berra con voz avivada:
´´Pementa blanca, Pementa negra´´ e dase a volta só o acabar a frase, pra intentar localizar algún movemento do resto da tribu que intenta alcanzar até onde se atopa el.
A dificultade do xogo está en que o resto poidan chegar ata o que panda sin ser visto ningún movemento. O que o consegue gaña e o resto están eliminados.
LEMBRADE:
Por cada foto que nos mandedes gañaremos 1PUNTO
Por cada comentario na publicación 1PUNTO
Por cada vídeo: 10 PUNTOS
Por
unha foto ou un vídeo doutra persoa que non participe en Luditarde
1PUNTO extra se envías unha foto ou 10 PUNTOS se envías un vídeo.
O noso correo é: ludiramondelasagra@gmail.com
ANIMÁDEVOS!!
* Se
non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en
que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de
imaxe na seguinte ligazón:https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Recordade: Todos os luns, poderás consultar a clasficación do noso colexio e o total de antivirus conseguidos.
Recordade: Todos os luns, poderás consultar a clasficación do noso colexio e o total de antivirus conseguidos.