Para hoxe traémosvos un reto particular no apartado de mente en forma. Gustaríanos poñer a proba a vosa capacidade visual para tratar de que copiedes as seguintes figuras.
Vendo esta imaxe, non cabe dúbida de que vos fará falla preparar un par de materiais para poder realizalo, estade atentos e seguide mirando...
*Aquí vos deixamos un exemplo claro... Se se vos ocurre algunha postura co "macaco", ¡¡podedes propoñela!!
En canto ó reto de corpo en forma, propoñemos unha aventura divertida pola casa de cada un... Abaixo ímosvos deixar un documento dunha búsqueda do tesouro na que teredes a oportunidade de loitar contra o virus cara a cara. Para conseguir derrotalo tan só tedes que superar cada unha das probas. As normas do xogo son ben sinxelas:
1. Debedes de seguir a orde proposta e rematalas todas.
2. Cada unha das pistas débevos de levar a un lugar determinado da casa (texto en cor negra) e no que deberedes de superar unha proba (texto en cor vermello) para poder seguir avanzando.
3. Saca unha foto en cada un dos lugares das pistas e envíanolas para dar por seguro que acadaches o reto.













No hay comentarios:
Publicar un comentario