LUDITARDE

LUDITARDE

jueves, 2 de abril de 2020

Xogos dinámicos para pasar o tempo

¡¡Moi boas de novo!! Gustaríanos dende esta plataforma trasladarvos un par de webs de interese para pasar o tempo de forma divertida na casa. A continuación deixámosvos dous enlaces de interese nos que poderemos ver dous xogos que, xunto coa familia, se pode facer tod@s xunt@s.
Para nen@s de 6 a 12 anos presentámosvos un trivial motriz. Accedede á web e tratade de poñerlle un ollo. É superdivertido e moi dinámico.


E para os máis peques da casa, outra web. Neste caso trátase dun tableiro dinámico proposto dende o CEIP Fernández Latorre no que temos oportunidade de xogar entre nós superando diferentes retos motrices. A propia páxina consta dun dado e de fichas que se moven na plataforma virtual. Probádeo porque vale a pena.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/node/23635?fbclid=IwAR3P7XxwyC4aIUJScaHzZkjnM1CrfQj7xuCeK1vCAhqQIULpC_rogreClfg#attachments

¡¡A disfrutar e bo xogo!!

1 comentario:

  1. gracias por el juego nos lo pasamos muy bien jungando toda la familia

    ResponderEliminar