LUDITARDE

LUDITARDE

miércoles, 6 de mayo de 2020

A POLO RETO NÚMERO 20!!

Xa chegamos o reto número 20, estades preparados?? 

Para o reto de mente en forma propoñémosvos que fagades figuras co tangram. No caso de que non teñades ningún pola casa, deixámosvos aquí a plantilla para que o fagades con papel.


Aquí tedes varios exemplos de figuras, pero podedes deixar fluir a vosa imaxinación e facer as vosas propias creaccións.


Gustavos o meu novo look?? 

                                                   


Así é como vos tedes que preparar para o reto corpo en forma, necesitades unha gorra, cinta adhesiva e dous sobres de calquer infusión. 
O obxetivo deste xogo é intentar colocar os dous sobres de infusión enriba da cabeza, aquí vos deixo un exemplo!


👉 Envíanos as solucións do reto ó correo ludiramondelasagra@gmail.com 

Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Para resolver este reto temos de prazo ata o viernes 8  de maio ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.

PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto  doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario