En canto ó reto de Mente en forma, queremos aproveitar a sesión de maxia que tivemos co Mago Eduard para tratar de crear nós, un pouco de maxia. Por iso, vos propoñemos que levedes a cabo 3 sinxelos trucos de maxia seguindo as indicacións do vídeo final. Se ademáis nos quixérades mostrar algún truco que vos coñezades, con moito gusto o recibiríamos.
Para o reto de Corpo en forma, retámosvos a conseguir superar a Pablo nun xogo divertido de puntería e precisión. Rebisade o vídeo e saberedes de qué vai. ¡¡Pablo acadou 4 puntos!!
👉 Envíanos as solucións do reto ó correo ludiramondelasagra@gmail.com
Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Para resolver este reto temos de prazo ata o viernes 8 de maio ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.
PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario