LUDITARDE

LUDITARDE

viernes, 1 de mayo de 2020

¡¡Novo venres de retos!!

¡¡Moi boas a tod@s!! Como era de esperar hoxe traémosvos novos retos. Para a parte de corpo en forma, queremos propoñer un reto consistente en 4 probas empregando un elemento moi presente no inicio desta situación de coronavirus, trátase de papel hixiénico. Empregando este material vos plantexamos 4 probas realmente difíciles pero que, se lle dedicades tempo seredes capaces de superar. Enviádenos os vosos vídeos conseguíndoo ou polo menos intentándoo para así poder seguir sumando antivirus.



En canto ó reto de mente en forma, achegámosvos un enlace co que accederedes a 2 documentos nos que poñeredes a proba a vosa agudeza visual. Estade atentos e decídenos cantos elementos pudéchedes atopar. Con paciencia e moita vista seguro que o facedes xenial.


https://drive.google.com/drive/folders/1dTgCzNcj9sh0i0nRMYSgvcr7c1DEL2hl?usp=sharing

 Envíanos as solucións do reto ó correo ludiramondelasagra@gmail.com 

Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Para resolver este reto temos de prazo ata o domingo 3 ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.

PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto  doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario