Bos días! Como sabedes o noso heroe Ludithor segue combatendo o virus grazas a vosa axuda. Cada semana que transcorre conseguimos máis antivirus e estamos máis cerca de vencer ó COVID-19. Ademáis o noso colexio está de terceiro na clasificación xeral.
¡NORABOA!
¡NORABOA!
👏👏👏👏👏
➤➤ Mente en forma: non estamos sós ante esta loita, son moitas as persoas que día a día lle fan fronte ó virus en primeira liña, os #realhero (heroes e heroinas reais). Nesta parte do reto propoñemosvos lanzar un dado, e segundo o número que vos toque crear un microconto tendo en conta a personaxe, o escenario, a situación e o superpoder que aparece na táboa que tendes debaixo, na cal aparecen algúns dos #realheros (pero son moit@s máis). Podedes escribilo ou gravar un vídeo contándonos esa pequena historia (se queredes facer máis de unha gañaríamos puntos extra e podedes engadir novos heroes ou heroinas) ¡Animádevos!
¡XUNT@S CONSEGUIREMOLO!
➤➤ Corpo en forma: para colaborar nesta loita debemos seguir manténdonos en forma. Para iso imos realizar este circuíto físico musical: elabora o teu, elixe 9 probas e... ¡A XOGAR!
Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Para resolver este reto temos de prazo ata o mércores 6 de maio ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.
PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario