"Todo lo que puedas imaginar es real" Pablo Picasso
¿Coñecedes a Pablo Picasso?
Foi un pintor e escultor español, creador do movemento cubista. Considerado un dos maiores artistas do século XX, exerceu unha grande influencia noutros grandes artitas do seu tempo.
Se queres coñecer máis información sobre este artista pincha aquí
👆👆👆
Estas imaxes que vedes aquí son obras de Pablo Picasso, que vos mostramos para que vos sirvan de inspiración para o reto de mente en forma.
➤➤Mente en forma: Picasso kit: Lanza o dado e forma a túa cara inspirada no artista Pablo Picasso (forma da cara, 1º ollo, 2º ollo, nariz, boca, 1ª orella e 2ª orella nese orde). Envíanos a foto da túa creación ou un vídeo do proceso ¡queremos ver todos esos Picassos!
➤➤Corpo en forma: para o reto de hoxe tendes que conseguir realizar este desafío, no cal poñeredes a proba a vosa forza, flexibilidade e control corporal. Tedes as instruccións no vídeo 👇
Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Para resolver este reto temos de prazo ata o mércores 13 de maio ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.
PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario