LUDITARDE

LUDITARDE

viernes, 22 de mayo de 2020

Retos para o "finde"

¡¡Hola a tod@s!! Antes de nada decirvos que moito ánimo, posto que entramos na derradeira semana de "Xaque ó virus". Para tratar de facelo igual de ben que ata o de agora, queremos propoñer 2 novos retos para vos...

Este venres no reto de corpo en forma, queremos poñer a proba as vosas habilidades cun reto un tanto complexo. No vídeo poderedes observar 4 niveis da proba, cada nivel hai que facer unha execución máis rápida que no anterior. A proba consiste en tocar cos pés as diferentes cores que situamos no chan a medida que van aparecendo no vídeo. Para comprendelo mellor, poñede un ollo ó exemplo de Pablo no final do vídeo. Enviádenos as probas de que acadades a facelo... !Ánimo! 



En canto ó reto de mente en forma queremos que sigades nas rúas... Esta vez propoñémosvos un reto de búsqueda pola cidade na que teredes a misión de atopar as iniciais do voso nome e apelidos. Eu xa conseguín as miñas (PBA), ¿seredes capaces vos?




Envíanos as solucións do reto ó correo ludiramondelasagra@gmail.com 

Se non participas no programa de ocio de Luditarde e estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Para resolver este reto temos de prazo ata o mércores 20 de maio ¡Animádevos a participar! Precisamos da vosa axuda para facerlle XAQUE Ó VIRUS.

PUNTUACIÓNS:
➜ 1 comentario = 1 punto
➜ 1 foto = 1 punto
➜ 1 vídeo = 10 puntos
➜ Unha foto  doutra persoa da casa ou dun amigo/a do teu cole que non participe en Luditarde = 1 punto extra se envías foto e 10 puntos por un vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario